Mostrar mensagens com a etiqueta Revista de Prensa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Revista de Prensa. Mostrar todas as mensagens

16/10/09

Acto en defensa da lingua galega en Bruxelas

Domingo 18 Outubro, 12.00pm
Orfeu Livraria Portuguesa e Galega, Rue du Taciturne 43


O ultimo Consello de Administracion do Couto Mixto Bruxelas decidiu dar o seu apoio formal a Manifestacion pola lingua galega en Santiago de Compostela.

Ao mesmo tempo, tivo lugar un acto en Bruxelas ao que socios do Couto Mixto Bruxelas participaran a titulo particular.

O acto vai consistir na leitura por cada participante dun texto en galego que debe traer cadanseu para ler no acto (un poema, un texto en prosa, unha cantiga, unha frase, unha palabra....)
Este evento é unha autoconvocatoria de galegos e galegas de Bruxelas aberta e plural a todas aquelas persoas que se solidaricen en defensa da nosa lingua.

Revista de Prensa

Queremos galego

Unha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago

Ducias de miles de persoas (100.000 segundo a organización) ateigaron Compostela na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Por vez primeira nesta lexislatura, toda a oposición marchou xunta contra o recorte da promoción do galego executada pola Xunta.



Para saber máis:

Queremos Galego

Artigo Vieiros

Artigo El Pais

Artigo A Nosa Terra


19/10/08

Festival de Cans en Bruxelas todo un exito de publico e critica


Cine
O «agroglamur» asalta Europa
A asociación cultural Couto Mixto de Bruxelas leva á capital belga as curtas galegas gañadoras do Festival de Cans 2008
Autor: Juan Oliver Correspondente
La Voz de Galicia 18/10/2008

O festival de curtas de cine que se celebra cada mes de maio desde o ano 2004 na aldea porriñesa de Cans -450 habitantes- xa tiña gañanda unha merecida sona. Primeiro, pola súa enxebre orixinalidade. Segundo, pola súa defensa da cultura galega e pola aposta polos creadores noveis. E terceiro, por terse atrevido a contrapoñer sen medo o agroglamur galego, cos seus chimpíns, motocarros, e tractores, ao endiosado universo estelar da jet set da industria do cine, que polas mesmas datas se da cita sobre unha alfombra vermella orillada de flashes e limusinas na localidade francesa de Cannes.
Ata o de agora, sen embargo, o éxito do Festival de Cans apenas tiña traspasado as fronteiras de Galicia. Pero o pasado xoves deu o salto a Europa coa proxección das curtas gañadoras da edición do 2008 no emblemático Teatro Vendôme de Bruxelas, no barrio de Ixelles, o máis activo da vanguardia cultural da capital belga.
Couto Mixto
A iniciativa partíu da asociación Couto Mixto de Bruxelas, fundada hai un ano por unha treintena de galegos expatriados na cidade, e que pretende convertirse en emisora cultural da galeguidade, achegando as manifestacións da cultura galega aos centros de decisión en Europa.
«Quixemos reunir á xente que ten capacidade multiplicadora e mostrarlles á existencia dunha industria audiovisual galega, probablemente moi alonxada da idea que teñen de Galicia», asegurou Serafín Pazos, un dos socios de Couto Mixto. Nos vindeiros meses, a asociación pretende tambén celebrar unha exposición de banda deseñada e un festival de música electrónica.
No que se refire ás curtas, a sá de proxección do Vendôme quedouse pequena para acoller a un público multinacional que puido ver dun tirón as curtas do palmarés do 2008: Sálvame, de Javier Veiga; 1977, de Peque Varela; A revolta dos mouses, de David Gen; Calamar, de The Homens, e España a las ocho, de Elodio y los seres queridos. Además, se proyectaron Agroglamour y Máis Cans que nunca, de Luis Otero, documentais ao estilo cómo se fixo sobre as circunstancias, obxectivos, preparativos e aspiracións do certame.
Festival itinerante
«Queremos facer un festival itinerante, porque non somos un certame internacional, pero si queremos internacionalizar os nosos contidos», suliña Alfonso Pato, o director. O Festival de Cans xa ten viaxado a Madrid e a Lisboa, e, segundo afirma Pato, prepara celebrar actos similares ao de Bruxelas en Barcelona, Berlín, A Haia e Santiago de Chile.

PD: Grazas a todos por vir, animanos a seguir facendo cousas e lembrade que calquera galego ou amigo de Galicia é benvido no Couto Mixto Bruxelas.

24/05/08

Revista de Prensa - Letras Galegas 2008

Presentado por Xavier Queipo
Carlos Quiroga falará sobre literatura portuguesa en Bruxelas

A Nosa Terra 22.05.2008 14:19

Redacción . A asociación galega en Bruxelas Couto Mixto celebra o Día das Letras cun achegamento á literatura portuguesa da man do profesor Carlos Quiroga.

A libraría galego-portuguesa Orfeu, em Bruxelas, e a asociación Couto Mixto,organizan o evento para este xoves 22 ás 18.30. Quiroga, que será presentado polo escritor Xavier Queipo, é profesor titular de Literatura Portuguesa na USC, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola mesma, bolseiro da Calouste Gulbenkian (1991-92), do ICALP, actual Instituto Camões (1992-93), da Universittà Italiana per Stranieri (1983), e Doutor Europeo cunha tese sobre Fernando Pessoa, que mereceu o premio extraordinario de doutoramento. É tamén autor de traballos de ámbito académico, divulgativo ou creativo, en actas de congresos, xornais e revistas de Galiza, Brasil, Portugal, Alemaña e Italia, participou en encontros, conferencias, e mesas redondas, e na organización de varios eventos. Ocupouse dende hai anos de cátedras e Cursos Monográficos de Literatura Portuguesa de diferentes períodos, especializado no século XX. Fundou a revista O Mono da Tinta, é director e deseñador da Agália (Revista de Ciencias Sociais e Humanidades da AGAL) dende o número 62 até o último, o 92.Tamén é autor de traducións e ensaios, e entre a súa obra de creación podemos atopar G.O.N.G. –mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (1999), Periferias (prémio Carvalho Calero de narrativa, 1999), A Espera Crepuscular (poesia, narrativa e fotografia, 2002), O Castelo da Lagoa de Antela - Il Castello nello stagno di Antela (teatro, 2004), O Regresso a Arder (primeira parte do proxecto Viagem ao Cabo Nom 3, con fotografía, poesía e narrativa, 2005), amais de experiencias multimedia que mesturan música, vídeo e palabra (a curta EU-KA-LO, 2005). No 2006 gañou por segunda vez o Carvalho Calero de narrativa con Inxalá, e publicouse en papel no Brasil Periferias, que xa tivera edición digital. No 2007 a Quási Edições publicou Venezianas (textos de viaxe e fotografías), e acaba de saír en Lisboa o Inxalá.

A Asociación Couto Mixto de Bruxelas quere difundir na capital de Europa a diversidade cultura galega. "Existía a necesidade de crear un asociacionismo galego en Bruxelas máis dinámico e comprometido co presente e co futuro que fomentase a realidade galega aos amigos de Galicia sen exclusións nin apriorismos, particularmente aos portugueses". Optaron polo moi significativo nome de Couto Mixto, "lugar de liberdade e autonomía entre dous estados, o español e o portugués, dende a Idade Media até ben avanzado o século XIX", e pretenden, precisamente, que a asociación sexa tamén un lugar de encontro.

12/02/08

Couto Mixto Bruxelas - Entrevista a Xavier Queipo

El Correo Gallego , 12 de Febreiro de 2008

(extracto)

Fai uns días, este biólogo, escritor e intelectual, que se define como nacionalista moderado e avoga por un estado republicano e federal para España, estivo en Compostela. Chegou para acompañar ó escritor francés Jean-Philippe Toussaint, na súa función de vogal de relacións internacionais da Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega (AELG).

"Do meu traballo de control de pesca non nos permiten falar", di, "e non só o entendo senón que o considero un xeito de protección para nós, os funcionarios. Son os cargos políticos os que deben falar", engade. Así que toca saber que fai un compostelán en Bruxelas: "Fundamos a asociación O Couto Mixto. Este nome correspondía a un micro estado situado entre Galicia e Portugal que ata o século XIX eran independentes, polo que os seus habitantes tiñan unha serie de privilexios", cita Queipo.

O Couto Mixo, agrupación composta por 25 persoas, busca promover a cultura galega. "Este ano organizaremos en Bélxica un festival no que terán cabida os novos grupos de música electrónica galega".

17/01/08

Sorteo Couto Mixto de Amizade Galego-Portuguesa na Libreria Orfeu


Blog Singradura da Relinga, 17 de Xaneiro de 2008

Na Orfeu, a livraria portuguesa e galega de Bruxelas (http://www.orfeu.net/), realizou-se às 19 horas de 16 de Janeiro de 2008, o sorteio dos livros de língua portuguesa entre os Blogues Marinheiros.Esta jornada de amizade galego-portuguesa foi regada com uns bons vinhos galegos e uns petiscos da Gallaecia (da Teresa e do Manuel) pois comemorou-se também o Ano Novo entre os membros da associação Couto Mixto, uma entidade também galego-portuguesa desta capital da Europa.


Depois das boas-vindas da Orfeu e de Carvalho Rodrigues (apesar da sua forte gripe esteve sempre na "ponte"), a "mão inocente" de Xavier Queipo, esse homem do mar também, escritor (para além de biólogo e médico) já com muitos títulos, retirou as rifas/boletos contempladas, e que deram os seguintes livros aos blogues:
História do Batel Vae com Deus, de Raul Brandão (oferta da Orfeu) - Mar Adentro, Ventosga
A Noite Abre Meus Olhos, de José Tolentino (oferta da Orfeu)- Blogue dos Navios e do Mar
Cais e Navios de Lisboa, de Luís MIguel Correia (oferta do autor) - Oli
A Campanha do Argus, de Allain Villiers (oferta do blogue Mar Adentro Ventosga) - Besbe

A Orfeu contempla ainda todos os participantes com uma lembrança modesta que será enviada a quem nos escrever indicando a sua morada.

O Couto Mixto, que abraçou de imediato este sorteio nesta sua comemoração de Ano Novo, esteve presente em força. Animação, memórias e mar, muito mar invadiram o espaço e navegou-se com mar chão com a melhor das companhas.

27/11/07

Presentacion no Couto Mixto de "Unha Falsa Luz" de Xavier Alcala

A historia contada desde a perspectiva dos vencidos

Galicia Hoxe, 27 de Novembro de 2008

A asociación cultural Galaico-Portuguesa Couto Mixto presentou en Bruxelas "Unha falsa luz", a última obra de Xavier Alcalá

ALBINO MALLO
A Asociación Cultural Galaico-Portuguesa Couto Mixto presentou en Bruxelas o libro de Xavier Alcalá Unha falsa luz.
Esta obra é terceira parte da triloxía Evanxélica memoria, dedicada á historia novelada dos evanxélicos en Galicia e a súa persecución dende tempos da ditadura de Primo de Rivera ata despois do pasamento do xeneral Francisco Franco.
O membro destacado da asociación e escritor compostelán Xavier Queipo, con vasta obra en prosa e verso, -poeta oficial da cidade de Bruxelas segundo o nomeou o seu concello- foi quen fixo a introdución da presentación de Unha falsa luz cun texto no que dixo, entre outras cousas que "a historia que se conta é triste, como triste foi en verdade a historia de España na meirande parte do século XX, que é o período que a triloxía recolle. A historia é triste e non é outra que a historia do noso pobo, enmarcada na historia de España por mor da guerra e do estado centralista e despótico, mais é tamén a historia de Galicia, que é onde a maior parte da acción se desenvolve agás os episodios da batalla do Ebro ou o desterro en Estremadura que se relata no segundo"
Engadiu o presentador neste acto que "a historia triste nola conta Xavier Alcalá, con habelencia de narrador experimentado. E para contala escolleu un punto de vista excéntrico, no senso, claro, non de estraño, senón de apartado do centro, que é o mesmo que dicir apartado da historia oficial, que é sempre -acrediten- a historia dos vencedores. Este punto de vista é o da represión específica sufrida por unha confesión relixiosa, a evanxélica, durante os anos escuros do franquismo".
Segundo destacou neste acto o propio Xavier Alcalá, que mañá presenta o seu libro na Fnac da Coruña, "o caso da colonia galega en Bruxelas é algo moi peculiar dentro da emigración (ou expatriación, como alí se di) e que vai ter grandes repercusións para Galicia no futuro inmediato".

20/06/07

Acto do Couto Mixto - "Dragona" de Xavier Queipo na Libreria Orfeu

Xavier Queipo presenta o seu novo libro en Bruxelas

Vieiros, 20 de Xuño de 2007

O acto desenvolverase na libraría Orfeu, dedicada á literatura galega e portuguesa, co apoio do Couto Mixto bruxelense.

Xavier Queipo presenta esta quinta feira en Bruxelas o seu último libro, Dragona. O autor, afincado na capital belga, dará a coñecer a novela na libraría Orfeu, especializada en literatura galega e portuguesa, ás seis e media da tarde. En Dragona, editada por Xerais, Queipo ofrece unha novela de personaxes ambientada na cidade do esteiro, por onde circulan personaxes atípicas chegadas de todo o mundo. A obra avanza na innovación literaria do autor e mergúllase no “outro lado” do que falaba Cortázar, como unha parábola do futuro que nos agarda. A presentación literaria conta coa colaboración do Couto Mixto de Bruxelas.

21/11/06

Revista de Prensa - Couto Mixto de Bruxelas


La Voz de Galicia, 26 de Novembro de 2006

Por XAVIER ALCALÁ

BRUXELAS hoxe ten semellanzas co Madrid de hai corenta anos. Daquela, Madrid era a capital dun mundo acoutado polos Pireneos. Hoxe, a capital de Bélxica é a dá Unión Europea. Cando vos bachareis trasladábanse a Madrid para estudaren ou que a universidade de Santiago non ofrecía, alá fundaron cos galegos funcionarios iniciativas culturais que influirían notoriamente na cultura galega. Arestora, son os galegos que se forman nos posgraos europeos quen se xuntan cos integrados na Administración dá UE para daren pulo a iniciativas coma a da asociación do Couto Mixto de Bruxelas.

Entre os seus membros hai unha consciencia de país que se define por certa bandeira superior, gastronómica e indubidable: a do único no mundo que come grelos (ou que vai entre ou Navia e ou Mondego e estende a súa influencia ata ou Texo de Lisboa).

Na Unión con dúas ducias de idiomas oficiais manda un portugués de apelidos galegos que nunha recente comparecencia lembraba a idea do Umberto Eco: «Ou idioma dá Europa é a tradución». Mais portugueses e galegos de Bruxelas saben de fala común espallada por catro continentes; e xúntanse baixo ou belo lema de Couto Mixto.

Cando se discútense termos raros verboa do Estatuto de Autonomía de Galicia, se cadra cumpría facer preguntas de fondo, aos galegos do interior e aos de fóra que non quedan só no gozo dos grelos. Unha delas sería sobre a forma de escribir, que separa a galegos e portugueses mentres une a flamengos e holandeses: talvez no Couto Mixto de Bruxelas haxa resposta.