04/11/19

Xavier Alcalá - Presentación "The Making Of" - Livrebook 5 Novembro 7pm


O Couto Mixto Bruxelas ten o privilexio de acoller a Xavier Alcalá o martes 5 de Novembro as 19pm na Libraría Livrebook  (Chaussée de Wavre 128, 1050 Ixelles) para una presentación do seu último libro.

  
“ The making of” (Galaxia, 2018)

Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue sobre a morte do seu avó na Patagonia.

 O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo, un xornalista galego con boas relacións naquelas latitudes. Dese xeito, o escritor vai descubrindo a historia de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante e delincuente no Buenos aires da década de 1930, xogador e servidor de ?casa de tolerancia?, colaborador cos círculos de apoio ao Terceiro Reich na cidade de Comodoro Rivadavia durante a Segunda Guerra Mundial. Xavier Alcalá consegue trazar maxistralmente nesta novela o retrato dun sobrevivente, dun xogador de fortuna, un pícaro, sen perder un ápice de autenticidade e viveza, enguedellando o lector na que é a aventura oculta da emigración galega na Arxentina. Sarcástica, corrosiva, ás veces brutal, The Making of dá conta -nunha esmorga consagrada ao pracer de narrar- de como os fíos da literatura de cerna se tecen coas febras do Mal.

  Máis material inédito sobre a realidade na que se inspira a novela aquí.
 
Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947)

Un dos máis senlleiros escritores galegos contemporáneos. É enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz(2007).        


Livrebook Chausée de Wavre 128, 1050 Ixelles  DE BALDE-FREE

 Metro Porte de Namur /SCNB   Luxembourg                                                                                                             


22/03/19

"The extraordinary diversity of European writing" (10 April 18.30pm)

An evening with Eva Moreda, author of "Home is like a different time".

Introduced by Clive Boutle, editor of Francis Boutle Publishers





























The Couto Mixto Bruxelas ASBL invites Clive Boutle and his editorial project focused on publishing in English literature from minority languages.

Eva Moreda, Galician author of the novel A Veiga é como un tempo distinto, presents her translation to English as "Home is like a Different Time" (Francis Boutle 2018), which received the English PEN Award.


O Couto Mixto Bruxelas ASBL convida a Clive Boutle e o seu
proxecto editorial centrado en publicar en inglés obras de literaturas minoritarias. Eva Moreda, autora galega autora de A Veiga é como un tempo distinto presenta a súa tradución ao inglés como "Home is like a Different Time" (Francis Boutle 2018) que recibiu o premio English PEN.


When: April 10th, at 18.30
Where: Librebook, Chaussée de Wavre 128– 1050 Bruxelles
Hosted by: Couto Mixto de Bruxelas
Free entrance