16/05/11

Letras Galegas 2011: 24 Maio 7pm - Francisco Castro fala "Contra Salinger" e lembra a Lois Pereiro

O día 12 de Maio organízanse actos en Galiza baixo o epígrafe "Vento Lois", para celebrar a figura de Lois Pereiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Uns dias mais tarde o 24 de Maio as 19.00h concretamente, a asociacion cultural galega Couto Mixto Bruxelas ASBL, ten o pracer de convidarvos ao coloquio que Francisco Castro fara na Libraria Portuguesa e Galega "Orfeu".

O escritor Francisco Castro lerá a conferencia titulada "Contra Salinger. Eu si falarei de min", nun acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado polo Couto Mixto de Bruxelas.

Francisco Castro leva anotacións no seu blog sobre a figura do poeta e aproveitando a sua estadia connosco o día 24, incluirase a lectura dalguns textos de Lois Pereiro ou sobre Lois.

O evento concluira coa tradicional cea de confraternidade entre os socios e asistentes.

Sobre Francisco Castro
Francisco Castro é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Nacido en Vigo en 1966, traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica "O ceo dos afogados" que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad. En 2010 publica O segredo de Marco Polo na colección Costa Oeste.

Couto Mixto Bruxelas

O Couto Mixto Bruxelas ASBL e unha asociacion cultural galega sen animo de lucro con xa cinco anos de existencia na capital de Europa, formada por mozos e non tan mozos galegos que traballan fundamentalmente en e nos arredores das institucions europeas. A sua mision principal e a de difundir unha imaxe anovadora da realidade galega entre o publico belga e europeo que reside en Bruxelas. Amais de festivais de cinema, concertos e conferencias tamen organiza anualmente un acto arredor das letras galegas, contando este ano coa presenza de Francisco Castro.

24 Maio 19.00h Libraria Orfeu, 26 Rue du Taciturne, 1000 Bruxelas. DE BALDE