15/09/15

NARF en Concerto 24 Outubro, 20.30pm La Tentation


Despois de máis de vinte anos no mundo da música como membro de varias bandas de rock, Fran Pérez, artista igualmente asociado co mundo do teatro e do audiovisual, creou en 2004 o concepto “Narf”.
Este versátil músico abriu novos espazos creativos para lanzarse nunha das aventuras musicais máis interesantes da última década en Galiza, explorando anovadores enfoques no ritmo e na harmonía.
Narf presentará as súas "Cancións da Lingua Viaxeira" en directo no local “La Tentation” convidado pola ASBL Couto Mixto de Bruxelas o 24 de outubro ás 20:30h. Non perdan a ocasión de asistir a unha actuación excepcional en Bruxelas a cargo dun dos músicos galegos máis orixinais do momento.
 
FR 
    Après plus de vingt ans dans le monde de la musique en tant que membre de divers groupes de rock, Fran Pérez, artiste également associé au monde du théâtre et du cinéma, crée en 2004 le concept «Narf».
Depuis lors, ce musicien polyvalent et innovateur s’est lancé dans une des aventures musicales les plus intéressantes de la dernière décennie en Galice, développant une approche originale et personnelle au rythme et à l'harmonie.
Narf présentera ses "Chansons de la Langue Voyagère" en concert à La Tentation, invité par l'ASBL Couto Mixto de Bruxelas, le 24 Octobre à 20h30. Vous êtes donc convié(e)s à assister à une performance magique à Bruxelles par l'un des musiciens galiciens les plus originaux du moment.
 
EN
    After more than twenty years in the music world as member of various rock bands, Fran Pérez, equally associated with artistic disciplines such as theatre and film, created in 2004 the “Narf” concept.
 
This polyvalent artist has broken new grounds setting out on one of the most interesting musical adventures of the last decade in Galicia. Narf is a versatile musician who explores new approaches to rhythm and harmony.
Narf will present his project "Songs of the Travelling Language" live at La Tentation invited by the ASBL Couto Mixto de Bruxelas on 24th October at 20.30. You are welcome to witness a magical performance in Brussels by one of the most original and celebrated musicians in Galicia”


NL
    Na twintig jaar actief te zijn geweest op het gebied van muziek, als lid van verschillende bands, theater en audiovisuele producties, richtte Fran Pérez “Narf” op.
    Deze veelzijdige muzikant heeft nieuwe creatieve ruimtes geschapen door het zoeken naar een innovatieve benadering op het gebied van ritme en harmonie in een van de aantrekkelijkste muziekprojecten in Galicië in de laatste tien jaren.  
    Op uitnodiging van de vzw. Couto Mixto de Bruxelas zal Narf zijn werk “Liedjes van de reizende taal”op 24 oktober om 20.30 presenteren in het lokaal “La Tentation”.
   Iedereen is welkom om deze uitzonderlijke optreden van een van de origineelste hedendaagse Galicische muzikanten bij te wonen."

Video Presentation (in English) here:
 
Rue de Laekenstraat 28, 1000 BXL  Metro: Anspach                                            PAF 5€
 
Reservas/Bookings:  coutomixtobruxelas@gmail.com
wwww.coutomixtobruxelas.blogspot.be

06/05/15

Letras Galegas 2015 - Xurxo Souto - "Océano para Terrícolas" 27 Maio - 19pm- La Tentation

O Couto Mixto Bruxelas e La Tentation- Centro Galego de Bruxelas celebran este ano conxuntamente o Día das Letras Galegas . Xurxo Souto presenta "Océano para terrícolas", unha parolada-concerto para embarcármonos nas mil travesías do seu libro Contos do mar de Irlanda.

Terrícolo redondo, co seu método de ruta -preguntar moito, sen insistir demasiado- ó longo dos anos foise achegando por diferentes camiños ás cousas do mar. En 1999 publicou a novela O Retorno dos Homes Mariños, onde recupera o mito dos homes-peixe das ondas do Orzán. Ese mesmo ano edita cos Diplomáticos de Monte-Alto o disco Capetón, dedicado á epopea dos galegos por todos os océanos do mundo. Foi director do programa Mil Ribeiras (Radio Galega, 2006-2007). E agora, cos Contos do mar de Irlanda, achéganos a un dos predios máis vizosos da cidade-atlántica: os salsieiros rabudos da auga do Gran Sol.

Nesta "performance interactiva" sobre o seu libros "Contos do Mar de Irlanda" Xurxo convidará aos asistentes a cantar canda el e o seu  acordeón diatónico.

O evento tivo lugar no Centro Galego de Bruxelas Rue de Laken 28 (La Tentation) no cento. Durará de 7pm a 9pm. Durante o acto serviuse un viño Ribeiro.

Video da noticia do Telexornal da TVG do 27 de Maio:

 
Para saber máis: coutomixtobruxelas@gmail.com