05/09/22

Xesús Fraga "Virtudes (e Misterios)" Xoves 8 Setembro 6pm Instituto Cervantes Bruxelas

 

O Couto Mixto Bruxelas, a asociación cultural galega en Bruxelas, organiza unha nova actividade de difusión da cultura galega na capital de Bélxica e da UE. O Xoves 8 de Setembro ás 6pm no Instituto Cervantes de Bruxelas teremos o privilexio de acoller a Xesús Fraga, escritor e xornalista. Foi premiado co  Premio Nacional de Narrativa 2021, concedido polo Ministerio de Cultura español pola obra "Virtudes (e Misterios)" publicada por Galaxia.  Coma moitos dos membros do Couto Mixto ou emigramos ou nacemos na emigración, como foi o seu caso, e observamos e participamos da cultura galega dese xeito.

Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta "Virtudes (e Misterios)"  que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.

Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.


Xesús Antón Fraga Sánchez naceu o 28 de febreiro de 1971 en Londres (Reino Unido). Publicou o conxunto de relatos, A-Z, a novela Solimán e a narración xuvenil Reo. Virtudes (e Misterios) non é a primeira novela sobre a emigración desde o punto de vista dos nados nela;

 A-Z (2003, Xerais) foi incluída no volume de estudios Writing Galicia into the World: New Cartographies, New Poetics, de Kirsty Hooper (2011), onde se analiza como parte dunha segunda xeración de escritores gallegos ("The Second Generation: Disappearing from the Map? Xesús Fraga, Xelís de Toro, Almudena Solana".

Xoves 8 Setembro , 6pm ENTRADA LIBRE

Instituto Cervantes, Avenue Louise 140 (Metro Louise)

28/04/22

Coloquio "Escribir e editar en Galicia" con Berta Dávila e Carlos Meixide, Venres 6 Maio 2022 ás 17h30pm (Librebook, Ch. de Wavre 128, Bruxelas)

 

O Couto Mixto Bruxelas, asociación cultural galega, ten o pracer de convidarvos a un coloquio con Berta Dávila e Carlos Meixide encol de "Escribir e editar en Galicia", que organizamos na libraría Librebook o venres 6 de maio as 17h30pm

Berta Dávila é unha das autoras galegas máis destacadas do século XXI. Foi galardoada con algúns dos premios literarios máis prestixiosos de Galicia (entre eles o Premio Xerais 2021). As súas obras foron traducidas ao castelán e en breve tamén estarán dispoñibles en inglés.

 Carlos Meixide publicou oito novelas, na súa maioría dirixidas a un público xuvenil. Tamén é moi coñecido en galego como cantante e humorista.

 Xuntos, puxeron en marcha en 2021 a editorial independente "Rodolfo&Priscila" cuxos primeiros traballos serán presentados en Bruxelas.

 Entrada libre. Prégase confirmar asistencia coutomixtobruxelas@gmail.com particularmente no caso de querer vir á cea tralo evento.

Librebook European Bookshop & Cultural Cafe Chaussée de Wavre, 128, 1050 Ixelles. 


EN

Couto Mixto Bruxelas, the Galician cultural association in Brussels, is pleased to invite you to a colloquium with Berta Dávila and Carlos Meixide on "Writing and editing in Galicia", which we are organizing at the Librebook bookstore on Friday 6 May at 5.30pm

Berta Dávila is one of the most remarkable Galician authors of the XXI Century. She has been awarded some of the most prestigious literary prizes in Galicia (including the Prize Xerais 2021). Her works have been translated into Spanish and soon they will be available in English too.

Carlos Meixide has published eight novels, mostly addressed to a youth readership. He is also well-known in Galician as a singer and comedian.

Together, they have launched in 2021 the independent publishing house "Rodolfo&Priscila" whose first works will be presented in Brussels.