El Correo Gallego , 12 de Febreiro de 2008
(extracto)
Fai uns días, este biólogo, escritor e intelectual, que se define como nacionalista moderado e avoga por un estado republicano e federal para España, estivo en Compostela. Chegou para acompañar ó escritor francés Jean-Philippe Toussaint, na súa función de vogal de relacións internacionais da Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega (AELG).
"Do meu traballo de control de pesca non nos permiten falar", di, "e non só o entendo senón que o considero un xeito de protección para nós, os funcionarios. Son os cargos políticos os que deben falar", engade. Así que toca saber que fai un compostelán en Bruxelas: "Fundamos a asociación O Couto Mixto. Este nome correspondía a un micro estado situado entre Galicia e Portugal que ata o século XIX eran independentes, polo que os seus habitantes tiñan unha serie de privilexios", cita Queipo.
O Couto Mixo, agrupación composta por 25 persoas, busca promover a cultura galega. "Este ano organizaremos en Bélxica un festival no que terán cabida os novos grupos de música electrónica galega".
Subscrever:
Mensagens (Atom)