20/06/07

Acto do Couto Mixto - "Dragona" de Xavier Queipo na Libreria Orfeu

Xavier Queipo presenta o seu novo libro en Bruxelas

Vieiros, 20 de Xuño de 2007

O acto desenvolverase na libraría Orfeu, dedicada á literatura galega e portuguesa, co apoio do Couto Mixto bruxelense.

Xavier Queipo presenta esta quinta feira en Bruxelas o seu último libro, Dragona. O autor, afincado na capital belga, dará a coñecer a novela na libraría Orfeu, especializada en literatura galega e portuguesa, ás seis e media da tarde. En Dragona, editada por Xerais, Queipo ofrece unha novela de personaxes ambientada na cidade do esteiro, por onde circulan personaxes atípicas chegadas de todo o mundo. A obra avanza na innovación literaria do autor e mergúllase no “outro lado” do que falaba Cortázar, como unha parábola do futuro que nos agarda. A presentación literaria conta coa colaboración do Couto Mixto de Bruxelas.