29/01/08

OCO Editora presenta Contos de Nunca Acabar na Libreria Orfeu

O 29 de Xaneiro o Couto Mixto acolleu a presentación en Bruxelas da editorial galega OQO dos seus "Contos de Nunca Acabar" para nenos. O Acto tivo lugar gracias a xentileza da Libreria Orfeu coma é habitual.
OQO Editora naceu en Galiza hai pouco máis de dous anos, coa finalidade de ofrecer álbums ilustrados para os máis pequenos da máxima calidade.

Cunha clara vocación de defensa da interculturalidade, OQO parte dunha linguaxe universal que é capaz de conectar cun neno de Galiza, Portugal, Francia, de Bélxica, de Italia ou do Reino Unido, bebendo de fontes tradicionais de países como Portugal, Brasil, España, Noruega, Turquía, Rusia...e das historias de autores de diferentes procedencias. Neste tempo, os álbums de OQO son xa un referente internacional dentro do mundo da literatura infantil.

A editora galega ten publicado máis de 50 títulos distintos en idiomas coma o galego, castelán, portugués, francés, inglés, italiano e catalán, apostando así pola diversidade cultural e lingüística que compón Europa e o mundo, converténdose na única editora infantil independente Europea que ten edición propia e distribución dos seus libros conxuntamente en GALEGO, ESPAÑOL, INGLÉS, FRANCÉS e PORTUGUÉS. Así mesmo, editores de países como Turquía, Korea ou Xapón mercaron dereitos de obras de OQO para traducilas nas súas respectivas linguas.
Os membros do Couto Mixto apostaron por dar promoción a esta rara iniciativa na que unha industria cultural galega e capaz de insertarse dun xeito eficaz e nun tempo record nun mercado gobal e competitivo coma o dos libros para nenos. Ao termo do acto OQO agasallaron cunha mostra dos seus mellores exemplares aos asistentes.

21/01/08

Reunion do Couto Mixto coa Secretaria Xeral de Politica Linguistica da Xunta de Galicia

Co gallo da visita a Bruxelas da Secretaria Xeral de Politica Linguistica, Marisol López, para reunirse co Comisario Europeo de Multilingüismo para informalo dos proxectos do Goberno galego en materia de lingua Leonard Orban e para anunciar unha exposición en Bruxelas sobre a lingua galega no marco doAno Internacional das Linguas 2008, a Secretaria Xeral aproveitou para reunirse cunha delegación do Couto Mixto para coñecer as iniciativas da asociación para este ano.

17/01/08

Sorteo Couto Mixto de Amizade Galego-Portuguesa na Libreria Orfeu


Blog Singradura da Relinga, 17 de Xaneiro de 2008

Na Orfeu, a livraria portuguesa e galega de Bruxelas (http://www.orfeu.net/), realizou-se às 19 horas de 16 de Janeiro de 2008, o sorteio dos livros de língua portuguesa entre os Blogues Marinheiros.Esta jornada de amizade galego-portuguesa foi regada com uns bons vinhos galegos e uns petiscos da Gallaecia (da Teresa e do Manuel) pois comemorou-se também o Ano Novo entre os membros da associação Couto Mixto, uma entidade também galego-portuguesa desta capital da Europa.


Depois das boas-vindas da Orfeu e de Carvalho Rodrigues (apesar da sua forte gripe esteve sempre na "ponte"), a "mão inocente" de Xavier Queipo, esse homem do mar também, escritor (para além de biólogo e médico) já com muitos títulos, retirou as rifas/boletos contempladas, e que deram os seguintes livros aos blogues:
História do Batel Vae com Deus, de Raul Brandão (oferta da Orfeu) - Mar Adentro, Ventosga
A Noite Abre Meus Olhos, de José Tolentino (oferta da Orfeu)- Blogue dos Navios e do Mar
Cais e Navios de Lisboa, de Luís MIguel Correia (oferta do autor) - Oli
A Campanha do Argus, de Allain Villiers (oferta do blogue Mar Adentro Ventosga) - Besbe

A Orfeu contempla ainda todos os participantes com uma lembrança modesta que será enviada a quem nos escrever indicando a sua morada.

O Couto Mixto, que abraçou de imediato este sorteio nesta sua comemoração de Ano Novo, esteve presente em força. Animação, memórias e mar, muito mar invadiram o espaço e navegou-se com mar chão com a melhor das companhas.