05/09/22




Contacto
coutomixtobruxelas@gmail.com
Estatutos legais rexistrados no Diario Oficial de Bélxica. Prema aqui:




Xesús Fraga "Virtudes (e Misterios)" Xoves 8 Setembro 6pm Instituto Cervantes Bruxelas

 

O Couto Mixto Bruxelas, a asociación cultural galega en Bruxelas, organiza unha nova actividade de difusión da cultura galega na capital de Bélxica e da UE. O Xoves 8 de Setembro ás 6pm no Instituto Cervantes de Bruxelas teremos o privilexio de acoller a Xesús Fraga, escritor e xornalista. Foi premiado co  Premio Nacional de Narrativa 2021, concedido polo Ministerio de Cultura español pola obra "Virtudes (e Misterios)" publicada por Galaxia.  Coma moitos dos membros do Couto Mixto ou emigramos ou nacemos na emigración, como foi o seu caso, e observamos e participamos da cultura galega dese xeito.

Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta "Virtudes (e Misterios)"  que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.

Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.


Xesús Antón Fraga Sánchez naceu o 28 de febreiro de 1971 en Londres (Reino Unido). Publicou o conxunto de relatos, A-Z, a novela Solimán e a narración xuvenil Reo. Virtudes (e Misterios) non é a primeira novela sobre a emigración desde o punto de vista dos nados nela;

 A-Z (2003, Xerais) foi incluída no volume de estudios Writing Galicia into the World: New Cartographies, New Poetics, de Kirsty Hooper (2011), onde se analiza como parte dunha segunda xeración de escritores gallegos ("The Second Generation: Disappearing from the Map? Xesús Fraga, Xelís de Toro, Almudena Solana".

Xoves 8 Setembro , 6pm ENTRADA LIBRE

Instituto Cervantes, Avenue Louise 140 (Metro Louise)

28/04/22

Coloquio "Escribir e editar en Galicia" con Berta Dávila e Carlos Meixide, Venres 6 Maio 2022 ás 17h30pm (Librebook, Ch. de Wavre 128, Bruxelas)

 

O Couto Mixto Bruxelas, asociación cultural galega, ten o pracer de convidarvos a un coloquio con Berta Dávila e Carlos Meixide encol de "Escribir e editar en Galicia", que organizamos na libraría Librebook o venres 6 de maio as 17h30pm

Berta Dávila é unha das autoras galegas máis destacadas do século XXI. Foi galardoada con algúns dos premios literarios máis prestixiosos de Galicia (entre eles o Premio Xerais 2021). As súas obras foron traducidas ao castelán e en breve tamén estarán dispoñibles en inglés.

 Carlos Meixide publicou oito novelas, na súa maioría dirixidas a un público xuvenil. Tamén é moi coñecido en galego como cantante e humorista.

 Xuntos, puxeron en marcha en 2021 a editorial independente "Rodolfo&Priscila" cuxos primeiros traballos serán presentados en Bruxelas.

 Entrada libre. Prégase confirmar asistencia coutomixtobruxelas@gmail.com particularmente no caso de querer vir á cea tralo evento.

Librebook European Bookshop & Cultural Cafe Chaussée de Wavre, 128, 1050 Ixelles. 


EN

Couto Mixto Bruxelas, the Galician cultural association in Brussels, is pleased to invite you to a colloquium with Berta Dávila and Carlos Meixide on "Writing and editing in Galicia", which we are organizing at the Librebook bookstore on Friday 6 May at 5.30pm

Berta Dávila is one of the most remarkable Galician authors of the XXI Century. She has been awarded some of the most prestigious literary prizes in Galicia (including the Prize Xerais 2021). Her works have been translated into Spanish and soon they will be available in English too.

Carlos Meixide has published eight novels, mostly addressed to a youth readership. He is also well-known in Galician as a singer and comedian.

Together, they have launched in 2021 the independent publishing house "Rodolfo&Priscila" whose first works will be presented in Brussels.





04/11/19

Xavier Alcalá - Presentación "The Making Of" - Livrebook 5 Novembro 7pm


O Couto Mixto Bruxelas ten o privilexio de acoller a Xavier Alcalá o martes 5 de Novembro as 19pm na Libraría Livrebook  (Chaussée de Wavre 128, 1050 Ixelles) para una presentación do seu último libro.

  
“ The making of” (Galaxia, 2018)

Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue sobre a morte do seu avó na Patagonia.

 O azar, que marca os fitos da narración, fai que o escritor sexa amigo do Cholo, un xornalista galego con boas relacións naquelas latitudes. Dese xeito, o escritor vai descubrindo a historia de Alfredo Mosquera, o Coghomelo, un emigrante e delincuente no Buenos aires da década de 1930, xogador e servidor de ?casa de tolerancia?, colaborador cos círculos de apoio ao Terceiro Reich na cidade de Comodoro Rivadavia durante a Segunda Guerra Mundial. Xavier Alcalá consegue trazar maxistralmente nesta novela o retrato dun sobrevivente, dun xogador de fortuna, un pícaro, sen perder un ápice de autenticidade e viveza, enguedellando o lector na que é a aventura oculta da emigración galega na Arxentina. Sarcástica, corrosiva, ás veces brutal, The Making of dá conta -nunha esmorga consagrada ao pracer de narrar- de como os fíos da literatura de cerna se tecen coas febras do Mal.

  Máis material inédito sobre a realidade na que se inspira a novela aquí.
 
Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947)

Un dos máis senlleiros escritores galegos contemporáneos. É enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz(2007).        


Livrebook Chausée de Wavre 128, 1050 Ixelles  DE BALDE-FREE

 Metro Porte de Namur /SCNB   Luxembourg                                                                                                             


22/03/19

"The extraordinary diversity of European writing" (10 April 18.30pm)

An evening with Eva Moreda, author of "Home is like a different time".

Introduced by Clive Boutle, editor of Francis Boutle Publishers





























The Couto Mixto Bruxelas ASBL invites Clive Boutle and his editorial project focused on publishing in English literature from minority languages.

Eva Moreda, Galician author of the novel A Veiga é como un tempo distinto, presents her translation to English as "Home is like a Different Time" (Francis Boutle 2018), which received the English PEN Award.


O Couto Mixto Bruxelas ASBL convida a Clive Boutle e o seu
proxecto editorial centrado en publicar en inglés obras de literaturas minoritarias. Eva Moreda, autora galega autora de A Veiga é como un tempo distinto presenta a súa tradución ao inglés como "Home is like a Different Time" (Francis Boutle 2018) que recibiu o premio English PEN.


When: April 10th, at 18.30
Where: Librebook, Chaussée de Wavre 128– 1050 Bruxelles
Hosted by: Couto Mixto de Bruxelas
Free entrance

25/09/18

Presentación de "Campus Morte" Venres 5 Outubro 19pm - La Tentation


O Couto Mixto Bruxelas acolle a presentación da novela Campus Morte. Esta obra á o debut literario de Lito Vila Baleato Unha trepidante novela en que non temos tempo para respirar.


Sinopse
Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña, recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a morte dunha estudante Erasmus acontecida quince anos atrás. O protagonista volve a Santiago procurando resolver un misterio que o levará de volta á Compostela de finais dos noventa e principios do milenio, ao tempo das esmorgas no Campus, aos amores da mocidade mal solucionados e a mortes que semellan non ter relación entre si. Pola novela cunha Compostela tamén protagonista, desfilan persoas que poderían ser os nosos veciños, os nosos familiares, incluso os nosos amores. Todos cunha cara B inconfesable. Todos, chegado o caso, dispostos a matar.


Sobre o autor
Naceu en Alemaña en 1978, país onde é profesor de ensino secundario despois de medrar e estudar en Compostela. Publicou seis lecturas graduadas para escolares e público xuvenil que aprende castelán, ademais de diferentes series de libros de texto para educación secundaria. É fillo de emigrantes e membro do que el mesmo du en chamar "a xeración da burbulla", como presente no seu blog do xornal de Santiago de Compostela El Correo Gallego, onde escribe e comenta dende a súa perspectiva na diáspora xermana. Campus Morte é a súa primeira novela en lingua galega.                                                                                                                        

Presentación da novela Campus Morte de Lito Vila Baleato
Lugar: La Tentation Centro Galego de Bruxelas -Rue de Laeken 28, Bruxelas 1000 (Metro: Anspach) 
Cando: Venres, 5 de outubro ás 19h.
Prezo: De balde

20/05/17

CONCERTO "O Leo de Matamá live in Brussels" 10/06/2017 20.30pm en "La Tentation"

O Concerto de O Leo de Matamá  terá lugar o próximo día 10 de xuño en La Tentation ás 20:30 organizado polo Couto Mixto de Bruxelas.
 
 

O Leo de Matamá é o novo alter ego do do artista polifacético, filólogo e poeta coñcido en Galiza como O Leo i Arremecághona.

 

A sua traxectoria musical iniciase sobre o ano 1997 e vai autoeditar o seu primeiro disco Suspiros de Kaña,em 1998. O Leo é igualmente un colaborador assíduo com letras e músicas em espetáculos teatrais como Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta de Berrobambán Teatro, e combina a miúdo monólogos e concertos ao vivo como os de "Xira... e aghomita" em 2007.

O Leo ten simultaneamente colaborado con iniciativas poéticas como "A Revolta das Letras", é autor do livro de poesia "Hai cu" e formou ademais parte doutros projetos musicais como Das Kapitale Labregos do tempo dos Sputniks.

Blog Arremecaghonacona  Web Haicu   MySpace
 

La Tentation, Rue de Laekenstraat 28, 1000 BXL 

Metro: De Broukere                                                           PAF 5€

 
(FR)
 

Pour ceux qui aiment vraiment la bonne musique, nous aimerions vous recommander le concert de l'un des musiciens galiciens plus authentiques, O Leo de  Matamá, le 10 Juin à 20: 30h Organisé par l'Association culturelle Couto Mixto de Bruxelas en collaboration avec La Tentation.

 
Nous pouvons vous assurer que vous allez l'adorer et nous vous serions reconnaissants si vous pouvez transférer cette invitation à vos amis et collègues intéressés.

 
Nous vous remercions de diffuser les gens de mots et nous espérons vous voir le 10 Juin.O Leo de Matamá est le nouveau alter ego d'un artiste aux multiples facettes, philologue et poète bien connu en Galice comme O Leo i Arremecághona.Ses performances artistiques nombreuses vont de compositions musicales, des collaborations dans différents rôles dans des pièces de théâtre comme « présidentas » de A Factoría Teatro   et « Vendettta » de  Berrobamban Teatro, monologues, poétiques Initiatives ( « A Revolta das Letras »), série audio-visuels tels comme « Non saímos do Lixo » et des visites en direct comme « Xira ... et aghomita » tournée en 2007.Leo édite son premier album « Soupirs Kana » en 1998. Son premier livre « Hai cu » en 2007 et a entretemps été une partie importante de groupes très innovant dans la scène musicale galicienne comme Das Kapital et Labregos do Tempo dos Sputniks.

 
La Tentation, Rue de Laekenstraat 28, 1000 BXL 
Metro: De Broukere                                                           PAF 5


 
(EN)
 


For those who really love good music, we would like to recommend you the concert of one of the more authentic Galician musicians,O Leo de Matamá, on 10 June at 20:30h organised by our Cultural Association Couto Mixto de Bruxelas in collaboration with La Tentation.
 We can assure you that you will love it and we would be grateful if you can forward this invite to friends colleagues and anyone interested.
 Thank you for spreading the word folks and hope to see you all on the 10th of June.
 O Leo de Matamá is the new alter ego of a multifaceted artist, philologist and poet widely known in Galicia as O Leo i Arremecághona.
His numerous artistic performances range from musical compositions, collaborations in different roles in theatre plays like "Presidentas" of A Factoría Teatro and "Vendettta" of Berrobambán Teatro, monologues, poetical initiatives("A Revolta das Letras"),  audio-visual series such as “Non saímos do Lixo” and live tours like “Xira... e aghomita” tour in 2007.
O Leo auto edited his first album “Suspiros de Kaña” in 1998, his first book “Hai cu” in 2007 and has in the meantime been an important part of very innovating bands in the Galician musical scene like Das Kapital and Labregos do Tempo dos Sputniks.
La Tentation, Rue de Laekenstraat 28, 1000 BXL 
Metro: De Broukere                                                           PAF 5€

 

26/04/17

Letras Galegas 2017: Charla con Manuel Gago "A paixón por redescubrir e reinventar Galicia"


Sábado, 6 de Maio desde as 18:00 ata as 20:00 en La Tentation - Centro Galego de Bruxelas

O Couto Mixto de Bruxelas convida o profesor Manuel Gago, xornalista, novelista e director de culturagalega.org, a presenar dous dos seus últimos traballos, O anxo negroVento e chuvia, e a reflectir sobre como @s galeg@s a súa cultura e o seu patrimonio.    

La Tentation Rue de Laeken 28 Lakenstraat, 1000 Bruxelas, Belxica.
Metro: De Broukere 

Fotos do acto:
 


Entrevista Manuel Gago pola TVG en Bruxelas 7 de Maio de 2016
 
 
 

12/04/16

Letras Galegas - Recital Multilingüe - en homenaxe a Manuel Maria , 19 Maio as 7pm , La Tentation



Día das Letras Galegas 
O Couto Mixto de Bruxelas, en colaboración con La Tentation, organiza un recital multilingüe dedicado a Manuel María. Participarán nesta homenaxe @s poetas Taha Adnan, Adolfo Barberá del Rosal, Frank De Crits, Geert van Istendael, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg, Bart Vonck, Xavier Queipo & Ramón Neto, membros do Colectivo de Poetas de Bruxelas, que serán convidad@s a recitar poemas de Manuel María na súa propia lingua e textos propios que cada poeta desexe asociar á obra do autor homenaxeado.   
O acto terá lugar en La Tentation o 19 de maio ás 19:00h. 28, Rue de Laeken / Lakensestraat - 1000 Bruxelles / Brussel 
 
Journée des lettres galiciennes 
L’association Couto Mixto, en collaboration avec La Tentation, organise une lecture de poésie multilingue dédiée au poète galicien Manuel María. Participeront à cet hommage les membres du Collectif de Poètes Bruxellois Taha Adnan, Adolfo Barberá del Rosal, Frank De Crits, Geert van Istendael, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg, Bart Vonck, Xavier Queipo & Ramón Neto qui seront invités à lire des poèmes de Manuel María dans leur propre langue, auxquels chaque poète associera quelques-uns de ses propres poèmes. Cette rencontre aura lieu le 19 mai à 19h00 à la La Tentation 28, Rue de Laeken - 1000 Bruxelles 
 
Dag van de Gallicische Letterkunde 
De vereniging Couto Mixto, in samenwerking met La Tentation, organiseert een meertalige lezing gewijd aan de Gallicische dichter Manuel María. Nemen deel aan die huldiging dichters van het Brussels Dichterscollectief Taha Adnan, Adolfo Barberá del Rosal, Frank De Crits, Geert van Istendael, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg, Bart Vonck, Xavier Queipo & Ramón Neto. Zij zullen uitgenodigd worden om enkele gedichten van Manuel María in hun eigen taal te lezen. Daarnaast brengen ze nog eigen gedichten in hun taal. 
Deze lezing gebeurt op 19 mei om 19u in La Tentation – Lakensestraat, 28 - 1000 Brussel  
 
Galician Literature Day 
The association Couto Mixto, in partnership with La Tentation, organizes a multilingual poetry reading dedicated to the Galician poet Manuel María. Members of the Brussels Poetry Collective Taha Adnan, Adolfo Barberá del Rosal, Frank De Crits, Geert van Istendael, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg, Bart Vonck, Xavier Queipo & Ramón Neto will take part in this event in which they will be invited to read poems by Manuel María in their own language together with some of their own poems freely associated to Manuel María's work. 
It will take place on May 19th at 19.00 in La Temptation 28, Rue de Laeken / Lakensestraat - 1000 Bruxelles / Brussel

15/09/15

NARF en Concerto 24 Outubro, 20.30pm La Tentation


Despois de máis de vinte anos no mundo da música como membro de varias bandas de rock, Fran Pérez, artista igualmente asociado co mundo do teatro e do audiovisual, creou en 2004 o concepto “Narf”.
Este versátil músico abriu novos espazos creativos para lanzarse nunha das aventuras musicais máis interesantes da última década en Galiza, explorando anovadores enfoques no ritmo e na harmonía.
Narf presentará as súas "Cancións da Lingua Viaxeira" en directo no local “La Tentation” convidado pola ASBL Couto Mixto de Bruxelas o 24 de outubro ás 20:30h. Non perdan a ocasión de asistir a unha actuación excepcional en Bruxelas a cargo dun dos músicos galegos máis orixinais do momento.
 
FR 
    Après plus de vingt ans dans le monde de la musique en tant que membre de divers groupes de rock, Fran Pérez, artiste également associé au monde du théâtre et du cinéma, crée en 2004 le concept «Narf».
Depuis lors, ce musicien polyvalent et innovateur s’est lancé dans une des aventures musicales les plus intéressantes de la dernière décennie en Galice, développant une approche originale et personnelle au rythme et à l'harmonie.
Narf présentera ses "Chansons de la Langue Voyagère" en concert à La Tentation, invité par l'ASBL Couto Mixto de Bruxelas, le 24 Octobre à 20h30. Vous êtes donc convié(e)s à assister à une performance magique à Bruxelles par l'un des musiciens galiciens les plus originaux du moment.
 
EN
    After more than twenty years in the music world as member of various rock bands, Fran Pérez, equally associated with artistic disciplines such as theatre and film, created in 2004 the “Narf” concept.
 
This polyvalent artist has broken new grounds setting out on one of the most interesting musical adventures of the last decade in Galicia. Narf is a versatile musician who explores new approaches to rhythm and harmony.
Narf will present his project "Songs of the Travelling Language" live at La Tentation invited by the ASBL Couto Mixto de Bruxelas on 24th October at 20.30. You are welcome to witness a magical performance in Brussels by one of the most original and celebrated musicians in Galicia”


NL
    Na twintig jaar actief te zijn geweest op het gebied van muziek, als lid van verschillende bands, theater en audiovisuele producties, richtte Fran Pérez “Narf” op.
    Deze veelzijdige muzikant heeft nieuwe creatieve ruimtes geschapen door het zoeken naar een innovatieve benadering op het gebied van ritme en harmonie in een van de aantrekkelijkste muziekprojecten in Galicië in de laatste tien jaren.  
    Op uitnodiging van de vzw. Couto Mixto de Bruxelas zal Narf zijn werk “Liedjes van de reizende taal”op 24 oktober om 20.30 presenteren in het lokaal “La Tentation”.
   Iedereen is welkom om deze uitzonderlijke optreden van een van de origineelste hedendaagse Galicische muzikanten bij te wonen."

Video Presentation (in English) here:
 
Rue de Laekenstraat 28, 1000 BXL  Metro: Anspach                                            PAF 5€
 
Reservas/Bookings:  coutomixtobruxelas@gmail.com
wwww.coutomixtobruxelas.blogspot.be