10/04/10

Acto de Queremos Galego en Bruxelas


A Plataforma "Queremos Galego" estará en Bruxelas o Martes 13 Abril, con motivo do programa de traballo que van manter en varias institución europeas, para explicar a grave situación pola que está a pasar normalización linguistica da Língua Galega a causa do Decreto do Multilingüismo e debater co público as diversas accións que se están a realizar en Galicia e no exterior en defensa do Galego.
A delegación está composta por catro representantes da Plataforma, representantes da sociedade civil de varias das 700 asociacións, entidades e partidos políticos que forman parte da mesma, como son Xurxo Souto- cantante e activista cultural e radiofónico, en representación do mundo cultural, Carlos Callón - de A Mesa-, en representación das asociacións de defensa da lingua, Anxo Louzao- CIG Ensino- en representación do ensino, e Bieito Lobeira -Deputado do BNG no Parlamento de Galiza, en representación dos/as asinantes da Iniciativa Lexislativa Popular.

Dentro deste calendario de actividades, a Asociación Cultural Galega Couto Mixto Bruxelas acollerá a delegación de "Queremos Galego" nun acto na Librería Orfeu.

O acto terá lugar o vindeiro Martes 13 de abril ás 19.00 en Orfeu, Livraria Portuguesa e Galega, Rue du Taciturne 43 , Bruxelas.