Este evento formou parte do Ano Europeo da Creatividade e a Innovacion 2009 organizado pola Comisión Europea
Paxina do Festival na wed da Comisión Europea - Ano da Creatividade e a Innovacion
REVISTA DE PRENSA:
O xoves 29 de outubro ás 19.00, o Festival de Cans volveu a en Bruxelas, ao cine Vêndome. As curtametraxes que se poduideron ver dan unha boa idea da calidade e diversidade do panorama cinematográfico galego actual: o máis innovador do cine fantástico, a comedia, o musical, o drama e o cine de animación compartirá programa xunto coas curtametraxes galegas máis inclasificables e descaradas.
No Festival de Cans proxéctanse curtametraxes galegas, pero Cans é moito máis ca un festival de curtas, é unha mirada sen complexos á realidade galega.
No Festival de Cans proxéctanse curtametraxes galegas, pero Cans é moito máis ca un festival de curtas, é unha mirada sen complexos á realidade galega.
Este ano o festival tamén dá o salto a Bruxelas. Cada maio, ao mesmo tempo que o Festival de Cannes reúne na Costa Azul ao máis glamouroso da cinematografía mundial, as mellores curtametraxes galegas proxéctanse nos alpendres da aldea galega de Cans (450 veciños). Non se ven limousines por Cans, pero si chimpíns, o transporte oficial do festival. Para a ocasión, estes pequenos tractores deixan de carrexar herba, abono ou millo para encargarse de mover a público e convidados dunha sala a outra conducidos polos veciños de Cans.
O festival, que fai xa 6 anos, é organizado pola Asociación Cultural Arela, integrada por xente nova do Porriño e Mos, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato.
O nome e lugar do festival non son unha coincidencia xa que o festival ten coma obxectivo valorizar a producción audiovisual galega celebrando un festival que reinterpreta os fastos dun festival coma o de Cannes cans dunha maneira moi á galega. Podemos dicir que neste festival importa o continente impora tanto coma o contido. Por iso se proxectara tamen un making-off do festival.
En colaboración con Arela, a asociación Couto Mixto, formada por expats galegos en Bruxelas, quixo achegar este festival á capital europea, como parte do seu programa de difusión da realidade cultural galega no exterior.
As cita de Bruxelas contera os filmes e videos premiados na edicion de 2009 do Festival.
- Uruguay 2030 de Rafa de los Arcos
- The Werepig de Sam Orti
- X nada de Dani de la Torre e Toni Veiga
- O pintor de Ceos de Ferbando Cortizo
- Os videoclips "Es Feo" e "Gone to Liverpool"
- O video do festival "Making love"
Cinema Vendome Chausee de Wavre 18 Waversteenweg 1050 Bruxelles DE BALDE
(Infos Francais / English / Nederlands au dessous, below, hieronder)