24/05/08

Revista de Prensa - Letras Galegas 2008

Presentado por Xavier Queipo
Carlos Quiroga falará sobre literatura portuguesa en Bruxelas

A Nosa Terra 22.05.2008 14:19

Redacción . A asociación galega en Bruxelas Couto Mixto celebra o Día das Letras cun achegamento á literatura portuguesa da man do profesor Carlos Quiroga.

A libraría galego-portuguesa Orfeu, em Bruxelas, e a asociación Couto Mixto,organizan o evento para este xoves 22 ás 18.30. Quiroga, que será presentado polo escritor Xavier Queipo, é profesor titular de Literatura Portuguesa na USC, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola mesma, bolseiro da Calouste Gulbenkian (1991-92), do ICALP, actual Instituto Camões (1992-93), da Universittà Italiana per Stranieri (1983), e Doutor Europeo cunha tese sobre Fernando Pessoa, que mereceu o premio extraordinario de doutoramento. É tamén autor de traballos de ámbito académico, divulgativo ou creativo, en actas de congresos, xornais e revistas de Galiza, Brasil, Portugal, Alemaña e Italia, participou en encontros, conferencias, e mesas redondas, e na organización de varios eventos. Ocupouse dende hai anos de cátedras e Cursos Monográficos de Literatura Portuguesa de diferentes períodos, especializado no século XX. Fundou a revista O Mono da Tinta, é director e deseñador da Agália (Revista de Ciencias Sociais e Humanidades da AGAL) dende o número 62 até o último, o 92.Tamén é autor de traducións e ensaios, e entre a súa obra de creación podemos atopar G.O.N.G. –mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (1999), Periferias (prémio Carvalho Calero de narrativa, 1999), A Espera Crepuscular (poesia, narrativa e fotografia, 2002), O Castelo da Lagoa de Antela - Il Castello nello stagno di Antela (teatro, 2004), O Regresso a Arder (primeira parte do proxecto Viagem ao Cabo Nom 3, con fotografía, poesía e narrativa, 2005), amais de experiencias multimedia que mesturan música, vídeo e palabra (a curta EU-KA-LO, 2005). No 2006 gañou por segunda vez o Carvalho Calero de narrativa con Inxalá, e publicouse en papel no Brasil Periferias, que xa tivera edición digital. No 2007 a Quási Edições publicou Venezianas (textos de viaxe e fotografías), e acaba de saír en Lisboa o Inxalá.

A Asociación Couto Mixto de Bruxelas quere difundir na capital de Europa a diversidade cultura galega. "Existía a necesidade de crear un asociacionismo galego en Bruxelas máis dinámico e comprometido co presente e co futuro que fomentase a realidade galega aos amigos de Galicia sen exclusións nin apriorismos, particularmente aos portugueses". Optaron polo moi significativo nome de Couto Mixto, "lugar de liberdade e autonomía entre dous estados, o español e o portugués, dende a Idade Media até ben avanzado o século XIX", e pretenden, precisamente, que a asociación sexa tamén un lugar de encontro.

21/05/08

Letras Galegas 2008: Carlos Quiroga e recepcion, Orfeu , 22 de Maio, 18.30

A Literatura Portuguesa é a maior…

Co gallo do Dia das Letras Galegas a Asociacion cultural galega Couto Mixto de Bruxelas, co apoio da Libraria Portuguesa e Galega Orfeu e a Asociación de Escritores en Lingua Galega , decidiu invitar ao escritor Carlos Quiroga para pronunciar a conferencia "A Literatura Portuguesa é a maior..."

Carlos Quiroga é Profesor Titular de Literatura Portuguesa na USC, onde se licenciou en Filoloxia Galego-Portuguesa e en Filoloxia Hispanica. O Couto Mixto Bruxelas, fiel aos seus obxectivos de crear espazos de difusion da cultura galega que sexan complementarios e á vez alternativos as celebracións habituais da nosa cultura decidiu organizar esta conferencia cun titulo que non deixa a ninguen indiferente, e mais tratandose do día das Letras Galegas. Dado o carácter plural do Couto o debate augurase apasioante. Sede todos pois benvidos.

O tamén escritor Xabier Queipo abrirá o acto , que será seguido por unha recepción con viño galego e unha cea de amizade para os que asi teñan gusto de acompañarnos.

22 de Maio de 2008, xoves às 18,30 horas

Orfeu, Willem de Zwijgerstraat, 43, Rue du TaciturneB-1040 BRUSSEL/BRUXELLES