17/05/07

Acto do Dia Das Letras 2007 - Contacontos de Xavier Docampo

O Couto Mixto Bruxelas apoiou á celebración do acto central do Dia das Letras Galegas en Bruxelas de 2007, que consistiu nun cun espectáculo de contacontos a cargo do escritor Xabier Docampo. O encontro tivo un formato de café-teatro, seguido dunha degustación de produtos gastronomicos galegos.
Xavier Docampo é un dos defensores e promotores da lingua e da cultura galega. A el pertencen éxitos da literatura xuvenil como O Misterio das Badaladas e Cando Petan na Porta pola Noite (Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil en 1995). Así mesmo, é mestre involucrado activamente nos movementos de renovación pedagóxica e coautor de varios libros de texto. Tamén ten impartido diversas conferencias sobre a didáctica da lingua e a literatura, ademais de desenvolver labores de xornalista en diferentes medios de comunicación.