13/02/14

“Recital en homenaxe a Rosalía de Castro”

O sábado 22 de febreiro, ás 18:00h, na Livraria Orfeu –43, Rue du Taciturne, 1000 Bruxelles– o Couto Mixto de Bruxelas organiza un recital poético en homenaxe a Rosalía de Castro.

 O acto comezará cunha lectura de poemas a cargo dos poetas Xavier Queipo e Ramón Neto –que recitarán, entre outros, textos escritos para esta ocasión– para deseguido dar a palabra aos asistentes que serán convidados a ler un texto propio ou un poema da súa elección. Prégase ás persoas que desexen recitar algún texto que nolo fagan saber enviando unha mensaxe ao correo electrónico: sincfala@outlook.com
 
 
Este acto inscríbese dentro do conxunto de actividades que terán lugar en Galiza e en diversos puntos da diáspora galega para conmemorar a data do nacemento de Rosalía de Castro (24/02/1837).