16/06/12

Videos do Concerto de "Acrobata" en Bruxelas

Eiqui podedes desfrutar de novo dalgúns dos mellores momentos do Concerto de "Acrobata" (Ugia Pedreira + Fred Martins) deron en Bruxelas o 26 de Maio da asociación Couto Mixto Bruxelas LR6.
"Depressa a vida passa"

Organizado na sala LR6 de Bruxelas, no barrio bohemio dos Marolles,  a asistencia galega e europea puido desfrutar dun concerto moi persoal no que se xuntou o mellor da nova musica popular galega e Brasileira.

"Aguas passadas"

Malia ter que "competir" co xa famoso JazzMaraton de Bruxelas, a boa asistencia amosa a capacidade do asociacionismo galego no exterior para ser plataforma de difusión da nosa cultura e a creación de pontes con outros países. Bruxelas é un lugar idoneo para isto pois en moi poucos sitios se pode chegar a xente de tan diversos países ao mesmo tempo.
"Sabe a pan"
O Couto Mixto Bruxelas ASBL quere agradecer a participación de Ugia e Fred na celebración das letras galegas en Bruxelas e a sala LR6 pola súa colaboración na organización deste concerto.