13/06/11

O Couto Mixto Bruxelas felicita a Xavier Queipo polo Xerais de novela 2011

A Asociación Cultural Galega en Bruxelas Couto Mixto Bruxelas ASBL, composta por galegos residentes na capital de Europa, compracese de felicitar ao escritor Xavier Queipo por ter acadado o Xerais de Novela deste ano.

Xavier é un membro activo da nosa asociación e un dos seus impulsores cando alo polo 2006 un grupo de galegos emigrados en Bruxelas e con inquedanzas de difundir a cultura dun pais alonxada de folcorismos e estereotipos se decidiron a establecer esta asociacion. Precisamente pola sua condición de escritor tocoulle a Xavier mais dunha vez facer a introducción dos conferenciantes que regularmente invita o Couto Mixto a vir a Bruxelas.

Os socios do Couto Mixto aledanse pois deste triunfo e en breve o homenaxeado podera presentar "Extramunde" tamén en Bruxelas-