27/05/09

LETRAS GALEGAS 2009 - Concerto Xoan Curiel - 12 Maio - Live Music Cafe - 8pm


Co gallo das letras galegas, a Asociación Couto Mixto Bruxelas organiza o seu xa tradicional acto connemorativo por estas datas . Nesta ocasión tratarase dun concerto de Xoan Curiel, que apresentará o seu novo disco "NAI".
O novo traballo de Curiel desprende poesía aínda que o cantante mida as palabras á hora de abordar a autoría das letras. "Considérome máis letrista que poeta...", afirma este apaixonado da música brasileira, portuguesa e caboverdiana, que achou na fusión e na mestura de sons unha vía criativa que o vencella a outros grupos e cantantes galegos como Uxía, Narf, Carmen Dor ou Héctor Lorenzo.

Un fío condutor une os once temas de Nai, un CD autoeditado que supuxo para Xoán Curiel un ensaio de liberdade e "unha especie de máster sobre a realización dun disco". Aínda que, tal como afirma, gusta do reto de enfrontarse aos espectadores unicamente coa súa guitarra, Curiel tamén goza "da creación colectiva e da cooperación".
Convidamosvos o 12 de Maio (ollo coa data!) as 8pm!!
Live Music Cafe - 90 Boulevard Anspach - gratis