16/10/09

Acto en defensa da lingua galega en Bruxelas

Domingo 18 Outubro, 12.00pm
Orfeu Livraria Portuguesa e Galega, Rue du Taciturne 43


O ultimo Consello de Administracion do Couto Mixto Bruxelas decidiu dar o seu apoio formal a Manifestacion pola lingua galega en Santiago de Compostela.

Ao mesmo tempo, tivo lugar un acto en Bruxelas ao que socios do Couto Mixto Bruxelas participaran a titulo particular.

O acto vai consistir na leitura por cada participante dun texto en galego que debe traer cadanseu para ler no acto (un poema, un texto en prosa, unha cantiga, unha frase, unha palabra....)
Este evento é unha autoconvocatoria de galegos e galegas de Bruxelas aberta e plural a todas aquelas persoas que se solidaricen en defensa da nosa lingua.

Revista de Prensa

Queremos galego

Unha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago

Ducias de miles de persoas (100.000 segundo a organización) ateigaron Compostela na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Por vez primeira nesta lexislatura, toda a oposición marchou xunta contra o recorte da promoción do galego executada pola Xunta.



Para saber máis:

Queremos Galego

Artigo Vieiros

Artigo El Pais

Artigo A Nosa Terra