05/02/10

"55 Mentiras sobre a Lingua Galega". Presentación en Bruxelas


O 5 de febreiro tivo lugar en Bruxelas, asi coma en mais de medio cento doutros lugares de todo o mundo a presentacion do libro "55 Mentiras sobre a lingua Galega", editado por Laiovento.
A lingua galega é o patrimonio inmaterial máis prezado do pobo galego. O Couto Mixto e a Libreria Galego Portuguesa Orfeu, na sua actividade de promocion e valorizacion da lingua galega sen exclusions nen apriorismos acollen nesta ocasion a ProlLingua, unha plataforma ceada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real. Esta asociación declara como obxectivos irrenunciábeis a totalidade dos contidos das leis e planos aprobados por unanimidade polo Parlamento Galego e que o actual goberno pretende modificar.

O acto consistirá nunha presentación sumaria da plataforma e do libro, para proceder de seguido, a un debate aberto e sen exclusións sobre a situación actual do galego na Galiza, que contará coa presenza do experto do audiovisual galego Manuel González.

Exemplares do libro (8€ PRVP) poderanse atopar na sección galega da libreria Orfeu ou por encargo previo en caso de esgotamento de existencia. 5 Febreiro as 18.30