16/02/13

Dia de Rosalia de Castro en Bruxelas (23 Febreiro 2013, 18.30pm Libreria Orfeu)


23 de Febreiro de 2013 (18.30-19.30 h). Día de Rosalía de Castro en Orfeu.
 
 
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos (1863), unha obra fundamental no chamado « rexurdimento » da literatura galega contemporánea, logo de varios séculos (os séculos escuros) onde o cultivo literario da lingua galega fora esmorecendo. Para homenaxear á poeta no seu día, celébranse en toda Galiza e naqueles lugares espallados polo mundo onde há galegos bos e xenerosos unha serie de lecturas simultáneas e expansivas co ánimo de celebrar a nosa escritora máis internacional e, ao mesmo tempo a puxanza e vitalidade da literatura galega de hoxe. Tendo en conta o carácter internacional de Bruxelas, leranse poemas de Rosalía en galego e castelán (linguas nas que escribiu), en flamengo e francés (como linguas deste país que nos acolle) e mais noutras linguas presentes na cidade (alemán, inglés, xaponés…). O espectáculo terá unha duración aproximada dunha hora e, entre outros, están convidados a ler: Frank de Crits e Xavier Queipo (Dichterscollectif van Brussel), os poetas españois José Miguel Arranz e Luísa Antolín, o poeta galego Ramón Neto e a poeta turca, Kader Sevinç. Por descontado, non haberá público, pois tod@s estades convidados a participar activamente no acto.
 
O acto está organizado pola livraría galego-portuguesa Orfeu e a Asociación Cultural “Couto Mixto”. A entrada é libre e a participación activa recomendábel.
 
Livraria Orfeu
Rue du Taciturne 43 Willem de Zwijgerstraat
Metro Maalbeek