19/09/08

De Cans a Bruxelas:cita coas mellores curtametraxes galegas. 16 Outubro 7pm Cinema Vendome

O Cinema Vêndome acolle o Festival de Cans, unha mirada sen complexos á realidade galega




O xoves 16 de outubro ás 19.00, o Festival de Cans arranca en Bruxelas, no cine Vêndome. As curtametraxes que se poderán ver dan unha boa idea da calidade e diversidade do panorama cinematográfico galego actual: o máis innovador do cine fantástico, a comedia, o musical, o drama e o cine de animación compartirá programa xunto coas curtametraxes galegas máis inclasificables e descaradas.
No Festival de Cans proxéctanse curtametraxes galegas, pero Cans é moito máis ca un festival de curtas, é unha mirada sen complexos á realidade galega.
Este ano o festival dá o salto a Bruxelas. Pero cada maio, ao mesmo tempo que o Festival de Cannes reúne na Costa Azul ao máis glamouroso da cinematografía mundial, as mellores curtametraxes galegas proxéctanse nos alpendres da aldea galega de Cans (450 veciños). Non se ven limousines por Cans, pero si chimpíns, o transporte oficial do festival. Para a ocasión, estes pequenos tractores deixan de carrexar herba, abono ou millo para encargarse de mover a público e convidados dunha sala a outra conducidos polos veciños de Cans.

O festival, que fai xa 5 anos, é organizado pola Asociación Cultural Arela, integrada por xente nova do Porriño e Mos, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato.

O nome e lugar do festival non son unha coincidencia xa que o festival ten coma obxectivo valorizar a producción audiovisual galega celebrando un festival que reinterpreta os fastos dun festival coma o de Cannes cans dunha maneira moi á galega. Podemos dicir que neste festival importa o continente impora tanto coma o contido. Por iso se proxectara tamen un making-off do festival.
En colaboración con Arela, a asociación Couto Mixto Bruxelas ASBL, formada por expats galegos en Bruxelas, quixo achegar este festival á capital europea, como parte do seu programa de difusión da realidade cultural galega no exterior.
As cita de Bruxelas contera os filmes e videos premiados na edicion de 2008 do Festival.
- Agroglamour, documental sobre o festival. 20 min. aprox.
- Sálvame, de Javier Veiga. Premios do público e do xurado de ficción. 20 min aprox.
- 1977, de Peque Varela. Premio do xurado de animación. 8 min aprox.
- A revolta dos mouses, de David Gen. Premio do público de animación. 22 min aprox.
- Videoclips: 'Calamar' de The Homens' e 'España a las ocho' de Elodio y los seres queridos. Total: 10 min. aprox.
- Máis Cans que nunca, movie machine (fotomontaxe animada) de Luis Otero. 8 min aprox.
O evento durara duas horas e todalas cintas estan subtituladas en ingles.

Cinema Vendôme Bruxelles-Brussel Waversesteenweg, 18 Chée de Wavre, 1050 BXL