03/07/08

Cea-Coloquio con Diego García, traductor de "Maus" ao galego




No serán do 3 de Xullo o Couto Mixo Bruxelas pechou o seu calendario de actividades antes desta primeira metade do ano cunha cea-coloquio con Diego García co gallo da tradución ao galego da obra mestra da banda deseñada "Maus", do norteamericano Art Spiegelman. A tradución desta novela gráfica (a única que acadou o Premio Pulitzer das letras estadoundenses) constitúe en si mesmo un paso máis na normalización da lingua nun eido coma o da banda deseñada onde non está dabondo presente.
Diego explicounos o proceso que levou a esta traduccion que ven da man paradóxicamente por unha editorial Balear, Inrevés. Logo de varias traduccións ao español de diversa sorte en grandes editoriais, Inrevés decidiu traducila ao catalán, onde chegou a ser libro de referencia no ensino. Neste contexto os responsables da editorial contactaron con Diego para sacar tamén a version en galego, que se presentou o 13 de xuño na Coruña.
"Maus" conta a historia de como Vladek, pai do autor Art Spiegelman, tenta escapar dos nazis, de como logrou sobrevivir en Auswitz, e de como esta traxedia vital afecta a relación de pai e fillo anos despois xa nos Estados Unidos. Precisamente un dos principais desafios para o tradutor foi reflectir en galego dun xeito eficaz o pobre dominio do idioma inglés que ten Vladek verbo do seu fillo xa nado nos EE.UU. A técnica escollida por Diego foi a de facer que Vladek falase coas palabras en galego pero mantendo a gramática do orixinal en inglés.
No coloquio que seguiu á presentación abordouse a cuestión da banda deseñada e da animación en Galicia, un eido no que se fai máis do que o público galego é consciente (revistas Retranca, Baswovia, a primeira pelicula de animación por ordenador fora de EE.UU. foi galega). Emporiso, o Couto Mixto vai tentar para organizar un acto de difusión da banda deseñada galega a comezos o ano que vén.