21 de maio ás 18.30 , Livraria Orfeu
Quico Cadaval (Ribeira, 1960) é actor, director, adaptador teatral e un dos mellores conta-contos que existen en Galiza na actualidade. Algúns dos seus traballos máis recentes como director son "Shakespeare para ignorantes", "A opera dos tres reas" ou "Galicia Canibal".
A Livraria Orfeu de Bruxelas convertirase o vindeiro mércoes 21 de maio na escea na que celebrar o día das Letras Galegas 2014. A Asociación Couto Mixto de Bruxelas quere homenaxear o teatro galego contemporáneo dándolle voz a un dos seus maiores referentes, Quico Cadaval .
Velaqui o video do acto no Telexornal Seran da TVG
As 18.30 Quico comezará a contar algúnhas desas historias que se xa son espectaculares no youtube (coma esta ou esta) aínda gañan máis ao vivo.
Amáis, os asistentes terán a posibilidade de pedirlle contos a Quico sobre a súa experiencia no teatro galego; sobre actores, directores e mesmo sobre os que pagan (ou non) as entradas. Sobre Álvaro Cunqueiro, Vidal Bolaño, Luís Tosar ou Antón Reixa. Sobre o Centro Dramático Galego e a Consellería de Cultura... en fin sobre calquera cousa que o manteña falando algo máis dunha hora.
E todo iso de balde!
Venez nombreux!
Día das Letras Galegas 2014: Pedirlle contos ao Quico
21 de maio ás 18.30
Livraria Orfeu de Bruxelas, Rue du Taciturne 43, 1000-Bruxelles