22/05/23

Presentación: Diego Ameixeiras "O Cervo e a Sombra" , 25 de Maio 7pm - LIBREBOOK (Ch. de Wavre 128)

25 de Maio ás 7pm, acollemos a Diego AMEIXIEIRAS, reputado novelista e xornalista galego que presentará "O Cervo e a Sombra" na Libraria LIBREBOOK na Chaussée de Wavre, 128 en Ixelles/Bruxelas. A entrada é de balde. Sodes todos benvidos.


O cervo e a sombra

Premio da Crítica Española, 2022 - Premio Follas Novas (Narrativa), 2022

Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por superar a orfandade e non renderse ante as circunstancias, Mateo procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dúbidas de fe. A inesperada aparición de Irene na cidade, unha relación que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non están dispostos a abandonalo. Todo é unha lembranza. A lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida.

image.png 

Sobre Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Publicou en Xerais todas as súas novelas: «Baixo mínimos» (2004); «O cidadán do mes» (2006); «Tres segundos de memoria», Premio Xerais de Novela (2006); «Dime algo sucio» (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; «Asasinato no Consello Nacional» (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; «Historias de Oregón» (2011), Premio de Novela por Entregas de «La Voz de Galicia»; «Todo OK» (2012); «Matarte lentamente» (2013); «Conduce rápido» (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; «A noite enriba» (2015), «A crueldade de abril» (2018) e «O cervo e a sombra» (2021). Escribe en «La Voz de Galicia». 

image.pngO obxectivo da Asociación Couto Mixto Bruxelas é a difusión na capital de Europa da realidade cultural galega en toda a súa riqueza e variedade, sen exclusión de calquera manifestación que se produza en Galicia. Fundada en 2006.

18/01/23

Festival de Cans en Bruxelas 2023: 26 - 01 - 2023 , Cinema Adventure 19pm (De balde/FREE)

 

Alfonso Pato volta a Bruxelas para unha nova edición

Coma en anos anteriores a asociación cultural galega Couto Mixto Bruxelas volta a traer a Bruxelas o Festival de Cans, a máis popular celebración do cinema en Galicia. Coma nalgunha das edicións anteriores, o seu director Alfoso Pato volve a presentar esta nova edición á capital de Europa.

Proxectaremos:
- "18 Cans, maioría de idade", de Isaura Docampo (VO sen subtítulos).
- "Rompente", de Eloy Domínguez (VO subtítulos en inglés).
- "Tatuado nos ollos levamos o pouso", de Diana Toucedo (VO subtítulos en inglés).

O evento é de balde e terá lugar no Cinema Adventure o Xoves 26 de Xaneiro ás 7pm.

Cinema Adventure: Galerie du Centre (Metro ANSPACH) Rue des Fripiers 15, 1000 Bruxelas.

(ENGLISH)

As in previous years, the Galician cultural association Couto Mixto Bruxelas brings the Festival de Cans  to Brussels, the most popular film celebration in Galicia. As in some of the previous editions, its director Alfoso Pato returns to present this new edition to the capital of Europe.

The short films presented were in their original version with English subtitles.

The event is free and will take place at Cinema Adventure on Thursday January 26 at 7pm.

(FRANÇAIS)

Comme dans années précédentes, l'association culturelle galicienne Couto Mixto Bruxelas présente à Bruxelles le Festival de Cans, la fête cinématographique la plus populaire de Galice. Comme dans certaines des éditions précédentes, son directeur Alfoso Pato revient pour présenter cette nouvelle édition à la capitale de l'Europe.

Les courts métrages présentés étaient en version originale sous-titrée en anglais.

L'événement est gratuit et aura lieu au Cinéma Aventure le jeudi 26 janvier à 19h.