06/05/15

Letras Galegas 2015 - Xurxo Souto - "Océano para Terrícolas" 27 Maio - 19pm- La Tentation

O Couto Mixto Bruxelas e La Tentation- Centro Galego de Bruxelas celebran este ano conxuntamente o Día das Letras Galegas . Xurxo Souto presenta "Océano para terrícolas", unha parolada-concerto para embarcármonos nas mil travesías do seu libro Contos do mar de Irlanda.

Terrícolo redondo, co seu método de ruta -preguntar moito, sen insistir demasiado- ó longo dos anos foise achegando por diferentes camiños ás cousas do mar. En 1999 publicou a novela O Retorno dos Homes Mariños, onde recupera o mito dos homes-peixe das ondas do Orzán. Ese mesmo ano edita cos Diplomáticos de Monte-Alto o disco Capetón, dedicado á epopea dos galegos por todos os océanos do mundo. Foi director do programa Mil Ribeiras (Radio Galega, 2006-2007). E agora, cos Contos do mar de Irlanda, achéganos a un dos predios máis vizosos da cidade-atlántica: os salsieiros rabudos da auga do Gran Sol.

Nesta "performance interactiva" sobre o seu libros "Contos do Mar de Irlanda" Xurxo convidará aos asistentes a cantar canda el e o seu  acordeón diatónico.

O evento tivo lugar no Centro Galego de Bruxelas Rue de Laken 28 (La Tentation) no cento. Durará de 7pm a 9pm. Durante o acto serviuse un viño Ribeiro.

Video da noticia do Telexornal da TVG do 27 de Maio:

 
Para saber máis: coutomixtobruxelas@gmail.com