07/02/09

"Ah Pero estabades ai?" A relación autor lector. Coloquio con Anxos Sumai


O Couto Mixto Bruxelas, proseguindo coa súa xa ben establecida traxectoria de traer a Bruxelas notables autores galegos, invitou nesta ocasión á escritora Anxos Sumai para celebrar un interesante coloquio entre a relación escritor-autor. O acto, que tamén serviu de presentación das obras "Melodias de dias usados" e "Así nacen as baleas", contou unha vez máis co apoio da librería Portuguesa e Galega Orfeu onde se celebrou o acto este 7 de Febreiro. Velaquí unha pequena fasquía da autora.


Anxos Sumai -Documentalista e escritora, a súa actividade literaria desenvólveuse dende o ano 2001 no portal culturagalega.org onde tivo as seccións "Anxos e diaños", "Anxos da garda" e “Crítica da memoria pura”. Como narradora publicou Anxos da garda (A Nosa Terra, 2003), Melodía de días usados (Galaxia, 2005), Así nacen as baleas (Galaxia, 2007), Perigosamente normais (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) e Fedya Sergéevich derreteuse de amor (Aguatinta, 2008). Participou en libros colectivos como Pano de Lona, Fisuras no cotiá: nove narradores no relato da violencia, Queremos, podemos, Ghats, 241006, Literatura galega pola paz...
En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo espazo de opinión "Perigosamente normais" emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega. No mesmo ano obtivo o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, e foi elixida Mellor Autora do Ano pola Asociación Galega de Editores.