21/05/08

Letras Galegas 2008: Carlos Quiroga e recepcion, Orfeu , 22 de Maio, 18.30

A Literatura Portuguesa é a maior…

Co gallo do Dia das Letras Galegas a Asociacion cultural galega Couto Mixto de Bruxelas, co apoio da Libraria Portuguesa e Galega Orfeu e a Asociación de Escritores en Lingua Galega , decidiu invitar ao escritor Carlos Quiroga para pronunciar a conferencia "A Literatura Portuguesa é a maior..."

Carlos Quiroga é Profesor Titular de Literatura Portuguesa na USC, onde se licenciou en Filoloxia Galego-Portuguesa e en Filoloxia Hispanica. O Couto Mixto Bruxelas, fiel aos seus obxectivos de crear espazos de difusion da cultura galega que sexan complementarios e á vez alternativos as celebracións habituais da nosa cultura decidiu organizar esta conferencia cun titulo que non deixa a ninguen indiferente, e mais tratandose do día das Letras Galegas. Dado o carácter plural do Couto o debate augurase apasioante. Sede todos pois benvidos.

O tamén escritor Xabier Queipo abrirá o acto , que será seguido por unha recepción con viño galego e unha cea de amizade para os que asi teñan gusto de acompañarnos.

22 de Maio de 2008, xoves às 18,30 horas

Orfeu, Willem de Zwijgerstraat, 43, Rue du TaciturneB-1040 BRUSSEL/BRUXELLES