29/01/08

OCO Editora presenta Contos de Nunca Acabar na Libreria Orfeu

O 29 de Xaneiro o Couto Mixto acolleu a presentación en Bruxelas da editorial galega OQO dos seus "Contos de Nunca Acabar" para nenos. O Acto tivo lugar gracias a xentileza da Libreria Orfeu coma é habitual.
OQO Editora naceu en Galiza hai pouco máis de dous anos, coa finalidade de ofrecer álbums ilustrados para os máis pequenos da máxima calidade.

Cunha clara vocación de defensa da interculturalidade, OQO parte dunha linguaxe universal que é capaz de conectar cun neno de Galiza, Portugal, Francia, de Bélxica, de Italia ou do Reino Unido, bebendo de fontes tradicionais de países como Portugal, Brasil, España, Noruega, Turquía, Rusia...e das historias de autores de diferentes procedencias. Neste tempo, os álbums de OQO son xa un referente internacional dentro do mundo da literatura infantil.

A editora galega ten publicado máis de 50 títulos distintos en idiomas coma o galego, castelán, portugués, francés, inglés, italiano e catalán, apostando así pola diversidade cultural e lingüística que compón Europa e o mundo, converténdose na única editora infantil independente Europea que ten edición propia e distribución dos seus libros conxuntamente en GALEGO, ESPAÑOL, INGLÉS, FRANCÉS e PORTUGUÉS. Así mesmo, editores de países como Turquía, Korea ou Xapón mercaron dereitos de obras de OQO para traducilas nas súas respectivas linguas.
Os membros do Couto Mixto apostaron por dar promoción a esta rara iniciativa na que unha industria cultural galega e capaz de insertarse dun xeito eficaz e nun tempo record nun mercado gobal e competitivo coma o dos libros para nenos. Ao termo do acto OQO agasallaron cunha mostra dos seus mellores exemplares aos asistentes.