O Couto Mixto Bruxelas acolle a presentación da novela Campus Morte. Esta obra á o debut literario de Lito Vila Baleato Unha trepidante novela en que non temos tempo para respirar.
Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña, recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a morte dunha estudante Erasmus acontecida quince anos atrás. O protagonista volve a Santiago procurando resolver un misterio que o levará de volta á Compostela de finais dos noventa e principios do milenio, ao tempo das esmorgas no Campus, aos amores da mocidade mal solucionados e a mortes que semellan non ter relación entre si. Pola novela cunha Compostela tamén protagonista, desfilan persoas que poderían ser os nosos veciños, os nosos familiares, incluso os nosos amores. Todos cunha cara B inconfesable. Todos, chegado o caso, dispostos a matar.
Sobre o autor
Naceu en Alemaña en 1978, país onde é profesor de ensino secundario despois de medrar e estudar en Compostela. Publicou seis lecturas graduadas para escolares e público xuvenil que aprende castelán, ademais de diferentes series de libros de texto para educación secundaria. É fillo de emigrantes e membro do que el mesmo du en chamar "a xeración da burbulla", como presente no seu blog do xornal de Santiago de Compostela El Correo Gallego, onde escribe e comenta dende a súa perspectiva na diáspora xermana. Campus Morte é a súa primeira novela en lingua galega.
Presentación da novela Campus Morte de Lito Vila Baleato
Lugar: La Tentation Centro Galego de Bruxelas -Rue de Laeken 28, Bruxelas 1000 (Metro: Anspach)
Cando: Venres, 5 de outubro ás 19h.
Prezo: De balde